Jean-Michel Jarre dará un concerto sen precedentes nunha catedral virtual de Notre-Dame

Sempre sorprendente e pioneiro, Jean-Michel Jarre aproveitou o seu confinamento para crear un espectacular e extraordinario evento virtual no que todos podamos participar na noite de fin de ano.En colaboración coa cidade de París e baixo o patrocinio da UNESCO, Jean -Michel Jarre, instalado nun estudio de París, actuará nunha Notre-Dame virtual para un espectáculo único de 45 minutos formado por partes da Electronica World Tour e novas versións dos seus clásicos, Oxygène e Equinoxe.  

O universo visual único creado en realidade virtual por Jean-Michel Jarre tamén será a imaxe oficial da transición ao ano novo da cidade de París.

O audio en directo do concerto “WELCOME TO THE OTHER SIDE – LIVE” estará dispoñible o 01.01.2020 en todas as plataformas dixitais.

  • En total inmersión na plataforma de VR social VRchat, accesible sencillamente a través dun PC ou en realidade virtual para o público equipado con auriculares VR,
  • Transmisión en directo nas redes sociais de Jarre a través de calquera PC ou Mac, teléfono intelixente ou tableta,
  • Escenografía láser 3D arquitectónica na fachada da catedral de Notre-Dame, no centro de París,
  • Emisión de audio en directo en France Inter
  • Transmisión en directo en BFM Paris

Deixe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir os non desexados. Aprende máis sobre como se usan os teus datos de comentarios.